sábado, 17 de xuño de 2017

Para o "Proxecto Terra" tivemos que realizar uns traballos de investigación, sobre a data de construción, materiais... sobre varios edificios emblemáticos de Narón. A min tocoume o edificio da actual biblioteca de Narón. É un edificio de estilo modernista con forma circular, que consta de soto, planta baixa, primeira e segunda planta. Como o traballo ten que conter información documental e imaxes fixen un percorrido polas distintas plantas e saquei diversas fotografías do interior e do exterior desde diferentes ángulos.
Para ampliar a información da parte documental do traballo, fun falar co arquitecto técnico do Concello de Narón, Antonio Rodríguez Abad, que ademais de facilitarme os planos do proxecto, faloume da construción, materiais...




















Ningún comentario:

Publicar un comentario