sábado, 17 de xuño de 2017

Na excursión que fixemos a Ferrol, fomos a dúas exposicións, e percorremos as rúas para observar as construcións existentes.
Polo que vin, Ferrol ten moitas construcións militares e relixiosas. Unha boa parte desta cidade está fortificada, cunha muralla de pedra de cantería e, mesmo nalgunha zona aínda existe o foso. Tamén hai unha empresa de construción naval dentro do recinto militar.
Na actualidade, unha parte da zona militar está destinada a museos, exposicións... A continuación da zona militar está a zona portuaria, que tamén tivo unha influencia na vida e construcións de Ferrol.

Ferrol acolle moitas construcións relixiosas importantes, moi próximas entre si; por exemplo, a concatedral de San Xulián, a igrexa de San Francisco...












Ningún comentario:

Publicar un comentario